Proxectos |
Unha porción da nota final basearase en:
1. Recomendacións dos titores.
Para un seguimento adecuado do desenvolvemento de proxecto, os profesores poden solicitar diferentes tipos de evidencias, orais e/ou escritas, incluindo informes parciais e/ou finais. Cada parella de titores entregará unha recomendación xustificada aos membros do comité avaliador sobre a metodoloxía de traballo do equipo e o rendemento dos seus membros na consecución dos obxectivos do proxecto.
Aquí serán avaliadas as competencias CG1, CG4, CG6, CG7, CG8, CG11, CG12, CE54, CE55, CE56, CE57.
2. Avaliación por pares. Terase en conta a avaliación dos compañeiros de equipo para as competencias CG9, CT1, CT4. |
65 |
|
B1 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12
|
C54 C55 C56 C57
|
D1 D4
|
Presentacións/exposicións |
Unha porción da nota final basearase na avaliación do tribunal realizada durante os LPRO DAYS. A asistencia a estas xornadas finais será obligatoria para todos os alumnos, que deben enviar con tres días de antelación un resumo do proxecto para axudar a avaliar o traballo. Os membros do comité de avaliación serán os profesores dos ECTS tipo A da asignatura, sempre que non estean implicados na supervisión de ningún proxecto. Noutro caso, naqueles proxectos en conflicto se requerirá a axuda dalgún outro profesor da asignatura. A calificación non ten por qué ser idéntica para todos os membros do equipo; aqueles alumnos que non estean á altura dos seus compañeiros e non contribúan axeitadamente ao esforzo colectivo levarán unha nota inferior á media do equipo. Igualmente poden levar unha nota máis alta aqueles alumnos que destaquen polo seu rendemento. |
35 |
|
B1 B7 B9 B12
|
|
D2
|
As presentacións finais poderán realizarse en galego,
español ou inglés. Aqueles equipos que non consigan a nota mínima para aprobar a
asignatura terán algunhas semáns
adicionais ata a data da segunda
convocatoria para defender o seu proxecto de novo. Se o rendemento dun
estudante dado é inferior ao dos seus compañeiros, e como resultado non supera
a asignatura, deberá mostrar na segunda convocatoria un dominio completo do
proxecto desenvolvido polo seu grupo, xunto con suficientes contribucións
adicionais de seu. |