Nesta materia hai dous modos de avaliar ao alumnado: avaliación continua ou
avaliación por exame final. 1. Avaliación continua. A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua,
que consiste na execución de tarefas semanais e a realización de probas de avaliación
parciais. 1.1 Tarefas semanais: semanalmente, o profesorado da materia encargará
ao alumnado a execución de tarefas e a entrega do informe de execución. Para
poder aprobar a materia por avaliación continua é obrigatorio realizar e
entregar os informes no prazo fixado polo profesorado. Estas tarefas avaliarán as competencias CE43 e CE44. Pola realización e entrega das tarefas semanais o alumnado poderá obter ata o 10% da
cualificación final. 1.2 Probas de avaliación parciais: realizaranse tres probas de avaliación
parciais escritas, para avaliar a parte teórica e as prácticas de laboratorio.
As probas parciais non se recuperan, é dicir, que se un
alumno non pode asistir o día en que estean programadas, os profesores non
teñen obrigación de repetilas. As cualificacións das probas parciais
serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Enténdese que
o alumno opta por avaliación continua se se presenta a algunha das probas
parciais. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria. A súa
cualificación será a de avaliación continua. Estas probas avaliarán as competencias CE43 e CE44. 1ª proba parcial: avaliaranse os coñecementos
do alumnado dos contidos teóricos e de laboratorio impartidos ata
a data da proba. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 25% da
cualificación final. A data aproximada para a realización desta proba é
a semana 7. 2ª proba parcial: avaliaranse os coñecementos
do alumnado dos contidos teóricos e de laboratorio impartidos ata
a data da proba. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 25% da
cualificación final. A data aproximada para a realización desta proba é
a semana 11. 3ª proba: realizarase durante 60 minutos na data e aula do exame
final. Avaliaranse os coñecementos relativos aos contidos da
materia. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 40% da
cualificación final. A data para a realización desta proba será fixada pola
dirección do centro no calendario de exames finais. 2. Avaliación por exame final O exame final polo que se avalía ao alumnado que non participa na
avaliación continua consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que
avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos contidos da
materia. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 90% da
cualificación final, o 10% restante poderao obter pola entrega das tarefas semanais propostas durante o curso. A data para a realización desta proba
será fixada pola dirección do centro no calendario de exames finais.
O exame terá unha duración de 2 horas. Esta proba avaliará as competencias CE43 e CE44. 3. Exame extraordinario (xuño-xullo) O exame extraordinario consta de preguntas teóricas, problemas e
exercicios que avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos
contidos da materia. A data para a realización desta proba será
fixada pola dirección do centro no calendario de exames
extraordinarios. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 90% da
cualificación final, o 10% restante poderao obter pola entrega das tarefas semanais propostas durante o curso. Esta proba avaliará as competencias CE43 e CE44. |