Prácticas de laboratorio |
Durante as horas de titoría os docentes realizarán unha atención persoalizada ben de forma individual para fortalecer ou orientar ó alumno na comprensión dos conceptos teóricos explicados nas clases maxistrais ou nas sesións demostrativas de carácter práctico; e para corrixir ou reorientar os pequenos traballos prácticos opcionais derivados das devanditas clases de laboratorio, ou ben en grupo co seguemento do traballo asociado ó proxecto de certa envergadura que deben realizar con outros compañeiros. Nestas titorías en grupo — que teñen un compoñente de presencialidade obrigatorio (máis ou menos unha hora cada 15 días)— debateranse as solucións suscitadas polos compoñentes do grupo e revisarase e estimulará o feito de que exista unha participación uniforme dos mesmos no desenvolvemento final. |
|