Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade docente na que se desenvolven problemas e exercicios sobre casos prácticos relacionados coa asignatura. Tamén se utilizarán para poñer de relevo as dúbidas existentes e tamén para a realimentación ao profesorado sobre este aspecto.
Traballaranse as competencias CG1, CG2, CG6, CE47 e CE41 |
Prácticas de laboratorio |
Aprenderase a realizar cálculos de confiabilidade mediante a utilización do software específico para esta aplicación.
Traballaranse as competencias CG2, CE41 e CT4 |
Traballos tutelados |
Consisten na realización de traballos concretos que estean relacionados co contido da asignatura e en colaboración cunha empresa ou entidade externa. Sempre que sexa posible, propoñerase ao alumno a realización de dous traballos un en colaboración con AENOR e outro en colaboración cunha empresa da contorna.
Traballaranse as competencias CG6, CG8, CG9, CE41, CE47, e CT4 |
Estudo de casos/análises de situacións |
Realízanse con grupos dun reducido número de alumnos e utilízanse para o desenvolvemento de traballos en grupo e a aprendizaxe de metodoloxías de traballo en equipo.
Traballaranse as competencias CG1, CG2 e CE41 |
Sesión maxistral |
Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. Consisten nunha exposición, por parte do profesor, dos contidos da materia. Tamén se procederá á resolución de exemplos e/ou problemas que ilustren adecuadamente a problemática a tratar. O alumno poderá expoñer todas as dúbidas e preguntas que considere oportuno, durante a sesión. Propiciarase unha participación o máis activa posible do alumno.
Traballaranse as competencias CG1, CG2, CG6, CG8, CG9, CE41, CE42, CE47 e CT4
|