Prácticas de laboratorio |
<br>Os estudantes terán ocasión de acudir a titorías personalizadas no despacho dos profesores no horario que estes establecerán para ese efecto a principio de curso, e que se publicará na páxina web da materia. Nas devanditas titorías, resolveranse as dúbidas xurdidas aos estudantes sobre:
Os contidos impartidos nas sesións maxistrais, con orientacións de como abordar o seu estudo.
O desenvolvemento das prácticas de laboratorio e o software empregado.
Os problemas e/ou exercicios propostos e resoltos no aula así como doutros problemas e/ou exercicios que poidan aparecer ao longo do estudo da materia.
|
|