NOTA: as duracións das probas parciais especificadas neste apartado de avaliación como múltiplos de media hora -"media hora", "unha hora", "dúas horas"- , enténdense aproximadas e probablemente terán que ser acurtadas nunha pequena porcentaxe para poder adaptar os exames parciais á duración das sesións de clase. Durante o cuadrimestre de docencia da materia indicarase a duración exacta. 1. Avaliación continua: A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua, que consiste en probas parciais tanto da parte teórica como da parte de prácticas de laboratorio. No entanto contémplase tamén a realización do exame final como alternativa. Detállanse as normas a continuación. As probas parciais non son recuperables, é dicir, que se un alumno non pode asistir o día en que estean programadas, os profesores non teñen obrigación de repetilas. As cualificacións das probas parciais serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Para participar nos exames parciais de prácticas de laboratorio será obrigatoria a asistencia a todas as prácticas de laboratorio. Os alumnos que non cumpran este requisito poden de todos os xeitos realizar os exames parciais de teoría e entón liberar parciais de teoría para o exame final de teoría, de acordo co que se explica a continuación. 1.1. Exames teóricos: Sobre os contidos de teoría realízanse durante o cuadrimestre dous exames parciais que cobren respectivamente o 1º bloque e o 2º bloque da teoría, mentres que do 3º bloque examínanse todos os alumnos no exame final de maio. Os dous exames parciais de teoría son liberatorios: só se o alumno alcanza polo menos un 5 sobre 10 nun exame parcial, esa nota se garda como nota dese bloque para o exame final de maio; nese caso, o alumno non ten obrigación nin dereito a examinarse desa parte no exame final. O anterior quere dicir que as notas menores que 5 sobre 10 nun exame parcial teñen sobre a nota final da materia o mesmo efecto que nota cero. Os exames teóricos pesan un 70% sobre o total da nota final e este peso repártese a partes iguais entre o tres bloques dos contidos de teoría. Os exames parciais, como tales (é dicir, o 1º e o 2º), realizados en horas de clase (e de duración próxima a unha sesión de 2 horas) inclúen unha metade (en tempo e en puntuación) correspondente a preguntas de resposta breve ("cuestións") e outra metade (en tempo e en puntuación) correspondente a exercicios. 1.2. Avaliación de prácticas de laboratorio: As prácticas avalíanse mediante exames do tipo “proba práctica”. Realízanse dous exames parciais que, neste caso si, a diferenza da teoría, cobren o contido de todo o curso. Os dous exames parciais de prácticas son liberatorios: se o alumno alcanza polo menos un 5 sobre 10 nun exame parcial, esa nota se garda como nota dese bloque para o exame práctico de maio; nese caso, o alumno non ten obrigación nin dereito a examinarse desa parte no exame práctico de maio. Enténdese entón que se o alumno alcanza polo menos un 5 sobre 10 en ambos parciais, terá unha nota de prácticas maior que 5 sobre 10 e non se examina no exame práctico de maio. Do mesmo xeito que no caso da teoría, o anterior quere dicir que as notas menores que 5 sobre 10 nun exame parcial teñen sobre a nota final da materia o mesmo efecto que nota cero. Os dous parciais de prácticas teñen o mesmo peso. 1.3. Alumnos presentados: Enténdese que o alumno opta por avaliación continua se e só se realiza calquera dos exames parciais, xa sexa de prácticas ou de teoría. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria e considérase que a súa nota nas probas parciais ás que non se presente é cero. 1.4. Alumnos que aproban a materia Os requisitos que debe cumprir un alumno para aprobar a materia explícanse a continuación en sentido inverso no tempo: partindo desde o posible exame de segunda convocatoria (“posible”, para cada alumno en particular) cara ao exame de maio e a avaliación continua: Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 sobre 10 no total, tendo en conta que a teoría son 7 puntos e as prácticas 3. Á súa vez (xa sexa por avaliación continua, por exame final sen participar en avaliación continua ou no exame de segunda convocatoria), é necesario superar un 30% da nota de cada sección (teoría e práctica). No exame de segunda convocatoria (en que a avaliación de teoría non se divide en bloques e a avaliación de práctica tampouco se divide en bloques) só se esixen as condicións do parágrafo anterior, pero no exame final de maio, que se fai dividindo a materia por bloques (tres bloques na materia de teoría e dous bloques na materia de prácticas), esíxese ademais que o alumno alcance polo menos un 30 % da nota de cada bloque. Para aprobar a materia considérase a “nota final provisional” da materia, que é: NotaFinalProvisional = NotaDeTeoría x 0,7 + NotaDePrácticas x 0,3. Se NotaDeTeoría e NotaDePrácticas son ambas as maiores ou iguais que 3, entón: NotaFinal = NotaFinalProvisional En caso contrario: NotaFinal = mín {4,5 ; NotaFinalProvisional} O alumno aproba a materia se NotaFinal é polo menos 5. Á súa vez: sendo NotaBloqueTeoría1, NotaBloqueTeoría2 e NotaBloqueTeoría3 as notas de cada bloque de teoría expresadas sobre 10 puntos e NotaProvisionalDeTeoría= (NotaBloqueTeoría1 + NotaBloqueTeoría2 + NotaBloqueTeoría3)/3, entón: Se a nota de cada un dos tres bloques de teoría é polo menos de 3 sobre 10, entón: NotaDeTeoría= NotaProvisionalDeTeoría En caso contrario: NotaDeTeoría = mínimo {NotaProvisionalDeTeoría ; 2,5} Do mesmo xeito: Sendo NotaBloquePrácticas1 e NotaBloquePrácticas2 as notas de cada bloque de prácticas expresadas sobre 10 puntos e NotaProvisionalDePrácticas= (NotaBloquePrácticas1 + NotaBloquePrácticas2) /2, entón: Se a nota de cada bloque de prácticas é polo menos de 3 sobre 10, entón: NotaDePrácticas= NotaProvisionalDePrácticas; En caso contrario: NotaDePrácticas = mínimo {NotaProvisionalDePrácticas; 2,5}. 2. Avaliación por exame final O exame final polo que se avalían os alumnos que non participan na avaliación continua consta de parte teórica, que é a mesma para todos os alumnos que non aprobasen ningún parcial, presentáranse ou non a algún deles (normas en epígrafe 1.1), e parte práctica. A teoría mantén sobre a “nota final provisional” o mesmo peso que na avaliación continua: un 70%, repartido a partes iguais entre os tres bloques. A metade de cada unha delas para as cuestións e a metade para os exercicios, igualmente. A avaliación de prácticas dos alumnos que non opten a avaliación continua realízase mediante un exame de prácticas en laboratorio no período de exames finais, en datas fixadas no calendario de exames finais. A súa duración é de dúas horas. O peso da nota de prácticas sobre a “nota final provisional” é o mesmo que para os alumnos de avaliación continua: 30%. Para aprobar a materia no exame final establécense as mesmas condicións de nota "final provisional" e condicións de nota mínima de teoría e de prácticas que se especifican ao longo do apartado 1.4. MOI IMPORTANTE: Os alumnos que teñan previsto presentarse ao exame final de prácticas da asignatura deben inscribirse previamente para asistir ao mesmo, usando o mecanismo de inscricións da web da asignatura, ao longo do día 18 de maio de 2016. Esta preinscrición é necesaria para planificar as quendas de exame de prácticas. Só poderán realizar o exame final de prácticas da asignatura os alumnos que realicen en tempo e forma esta inscrición obrigatoria. 3. Segunda convocatoria O exame de segunda convocatoria consta, igual que o exame final de primeira convocatoria (maio), dun exame teórico e un exame de prácticas, en laboratorio. Para aprobar a materia nesta convocatoria establécense as mesmas condicións de nota "final provisional" e condicións de nota mínima de teoría e de prácticas que se especifican ao longo do punto 1.4, con excepción de que non hai mínimos por bloques. É dicir: Para aprobar a materia considérase a “nota final provisional” da materia, que é: NotaFinalProvisional = NotaDeTeoría x 0,7 + NotaDePrácticas x 0,3. Se NotaDeTeoría e NotaDePrácticas son ambas as maiores ou iguais que 3, entón: NotaFinal = NotaFinalProvisional En caso contrario: NotaFinal = mín {4,5 ; NotaFinalProvisional} O alumno aproba a materia se NotaFinal é polo menos 5. Todos os alumnos que non aprobasen a materia na convocatoria de maio poden presentarse ás dúas seccións (teoría e práctica). A normativa de “nota máis alta” que é obrigatoria para a nota total da materia, aplicarase nesta materia tamén estendida a cada sección. É dicir, a nota de teoría de cada alumno que contará para calcular NotaFinalProvisional para a acta de segunda convocatoria será a máis alta entre a nota de teoría de maio e a nota de teoría do exame de segunda convocatoria. Igualmente para a nota de prácticas. MOI IMPORTANTE: Do mesmo xeito que se indica no apartado 2 para o exame final de maio, os alumnos que teñan previsto presentarse ao exame de prácticas de segunda convocatoria deben inscribirse previamente para asistir ao mesmo, usando o mecanismo de inscricións da web da asignatura, ao longo do día 16 de xuño de 2016 . Esta preinscrición é necesaria para planificar as quendas de exame de prácticas. Só poderán realizar o exame de segunda convocatoria de prácticas da asignatura os alumnos que realicen en tempo e forma esta inscrición obrigatoria. |