Existen dúas modalidades de avaliación da asignatura: avaliación continua (AC) y avaliación tradicional (AT). Os alumnos deberán elexir unha das dúas modalidades tendo en conta as seguintes condicións: - A AC inclúe as 4 probas descritas no apartado avaliación. - Tanto se optan pola AC coma se optan pola AT os alumnos deberán realizar un proxecto de laboratorio. Para facilitar a elección de AC ou AT os alumnos disporán en Faitic do proxecto a realizar a partir da 4ª semana do curso académico. - Na AT o proxecto realizaráse de forma individual. - Os alumnos que opten pola AC deberán entregar ó remate da 9ª semana do curso académico o deseño UML do proxecto a realizar (correspondente á 2ª proba descrita no apartado de avaliación). Mediante dita entrega os alumnos comprométense a seguir a AC e renuncian á AT. Dende ese intre os alumnos non poderán figurar como ``Non presentados''. - Os alumnos que no entreguen o deseño UML do proxecto na data estipulada renuncian á AC, de modo que serán avaliados mediante a modalidade de AT. Non existe a posibilidade de sumarse á AC nas seguintes probas intermedias. - As probas de AC non son en ningún caso recuperables, non podendo repetirse fóra das datas estipuladas polos profesores. - Non se gardan cualificacións (de probas de AC nen de proxectos prácticos ou exames) dun curso a outro. Primera convocatoria. Alumnos que opten pola AC. Serán avaliados como segue: • Parte teórica: - Exame escrito (50%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso. • Parte práctica: - Prácticas de iniciación en Java (10%). A realizar en grupos de dous. Correspóndese coa 4ª proba descrita no apartado avaliación. - Proxecto (40%). A realizar en grupos de dous. Divídese en dúas partes: 1. Deseño (10%). Correspóndese coa 2ª proba descrita no apartado avaliación. 2. Implementación (30%). Correspóndese coa 1ª proba descrita no apartado avaliación. • Os requisitos para aprobar serán: - Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica. - Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte de implementación do proxecto (ou 1/3 sobre o total do examen práctico no seu caso). - Unha nota total (suma das 4 probas) igual ou superior a 5. - Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalguhna parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso). Primeira convocatoria. Alumnos que opten pola AT. Serán avaliados como segue: • Parte teórica: - Exame escrito (50%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso. • Parte práctica: - Realización individual dun proxecto software que suporá o restante 50\% da nota final. Este proxecto constará do deseño (diagramas UML), o código Java e a documentación xerada explicativa da implementación. A avaliación terá en conta correcto deseño, correcta funcionalidade, calidade do código e emprego de técnicas de POO. Deberá ser entregado como máximo o día 5 de Xaneiro. - Realización dunha entrevista co profesor adicada a demostrar a autoría do proxecto. Dita entrevista terá lugar no laboratorio durante a derradeira semana do curso. Se o alumno non acredita adecuadamente a autoría, a avaliación da parte práctica faráse por medio dun exame práctico. • Os requisitos para aprobar serán: - Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica. - Un mínimo de 1/3 sobre o total no proxecto (ou 1/3 sobre o total do exame práctico no seu caso). - Unha nota total (suma das 2 probas) igual ou superior a 5. - Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalguna parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso). Segunda convocatoria. Os alumnos serán avaliados como segue: • Parte teórica: - Exame escrito (50\%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso. • Parte práctica: Dependerá de se o alumno entregou ou non o proxecto na primeira convocatoria. Para os alumnos que seguiron a AC na primeira convocatoria, consideraráse que un alumno entregou o proxecto se como mínimo entregou un deseño UML no que obtivo unha nota igual ou superior a 0.6 sobre 1. - Os alumnos que no entreguen o proxecto na primera convocatoria serán avaliados mediante un exame de programación individual que terá lugar no laboratorio na data fixada pola Xunta de Escola a tal fin. A avaliación deste exame suporá un 50% da nota final. - A parte práctica a realizar polos alumnos que entreguen o proxecto na primeira convocatoria dependerá da nota obtida no proxecto en dita convocatoria, como segue: Nota >= 1.5 por AC ou Nota >= 2.5 por AT. Manteráselles a nota, no tendo que presentarse ó exame práctico na segunda convocatoria. Poderán, nembargantes, mellorar a puntuación do proxecto entregando unha nova versión do da primeira convocatoria xunto coas novas funcionalidades a realizar, que se publicarán no seu momento en Faitic. Do mesmo xeito, deberán entregar un documento que recolla os cambios e actualizacións realizados no proxecto sobre a versión entregada na primeira convocatoria. Nota entre 1 e 1.5 por AC ou Nota entre 5/3 e 2.5 por AT. Poderán optar entre realizar o exame práctico ou o proxecto ampliado da segunda convocatoria. Non se lles manterá a nota do proxecto da primeira convocatoria, pero si a das partes de iniciación en Java e deseño UML, se optaron pola AC na primeira convocatoria. Nota < 1 por AC ou Nota < 5/3 por AT. Poderán optar entre realizar o exame práctico ou o proxecto ampliado da segunda convocatoria. En calquera caso pérdense as notas das partes de iniciación en Java e deseño UML se optaron pola AC na primeira convocatoria, é decir, serán avaliados sobre 5. • Os requisitos para aprobar serán: - Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica. - Un mínimo de 1/3 sobre o total no proxecto sen ter en conta a nota de iniciación en Java e deseño UML se optaron pola AC na primeira convocatoria (ou 1/3 sobre o total do examen práctico no seu caso). - Unha nota total (suma de todas as probas) igual ou superior a 5. - Se a nota total é igual ou superior a 5 pero no se acadou a nota mínima nalgunha parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso). |