Resolución de problemas e/ou exercicios |
No laboratorio, o profesor plantexará pequeños retos que serán resoltos colectivamente para que se poidan debater os conceptos subxacentes, as diferentes opcións de resolución e que os alumnos adquiran as destrezas obxectivo da materia.
Esta metodoloxía está orientada á adquisción das competencias CE50, CE51 e CE53. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Os alumnos resolverán de forma autónoma os problemas que o profesor lles plantexe no laboratorio. As solucións e as dúbidas que xurdan ó abordar ditos problemas serán postas en común para consensuar a mellor forma de resolución.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51, CE53, CG6 e CG14. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Posta en común dos deseños propostos polos alumnos para solucionar o proxecto que teñen que levar a cabo durante a segunda parte do curso. A comparación das diferentes propostas servirá para seleccionar as mellores opcións e como realimentación para, se é oportuno, mellorar os deseños realizados.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE51 e CE52. |