Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única. A avaliación continua consistirá na realización de dous exames parciais e un exame final. Pero se a nota do exame final é menor que 3,5, a cualificación final da materia será simplemente a nota do exame final. En caso contrario, a cualificación final da materia será a MAIOR das dúas seguintes: a nota do exame final ou a media ponderada do exame final (60%) e dos dous parciais (cada un, o 20%). O primeiro exame parcial realizarase previsiblemente na sexta semana de clase, e o segundo exame parcial, previsiblemente na décima. En cada un deles, entrará TODO o temario explicado en clase ata a data do exame. Os resultados dos exames parciais coñeceranse nas dúas semanas seguintes á realización dos mesmos. O exame final versará sobre TODOS os contidos da materia e realizarase no período de exames do Centro. A avaliación única consistirá nun exame final. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame. Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a un calquera dos exames (xa sexan parciais ou final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a un calquera dos exames parciais. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final. Quen non superen a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispoñen dunha segunda oportunidade consistente en responder a un único exame escrito. Quen optasen na primeira oportunidade pola avaliación continua, poderán, no momento do exame, optar pola avaliación única. A cualificación dos exames só fornece efectos no curso en que se propoñan. |