Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Desenvolverase un proxecto nas últimas semanas do curso, e entregarase un informe. A avaliación do proxecto realizarase mediante a proba final práctica. 30 B4
B9
C6
C12
D4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Cada 4 semanas, realizarase unha proba no laboratorio de forma individual que consistirá na realización dun programa no computador.

Farase unha proba final que avaliará a realización das prácticas de laboratorio e do proxecto.
20 C6
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada 4 semanas, realizarase un exame de resolución de exercicios, que avaliará o coñecemento dos conceptos introducidos nas sesións maxistrais. Farase unha proba final sobre todos os contidos da materia. 50 B4
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A continuación móstrase a planificación da materia por temas, indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes:

  • Semana 1: Tema 1/2
  • Semana 2: Tema 3 - Práctica 1
  • Semana 3: Tema 3 - Práctica 1/2
  • Semana 4: Tema 4 - Proba Teórica 1 (PT1) - Proba Práctica 1 (PP1)
  • Semana 5: Tema 4 - Práctica 2/3
  • Semana 6: Tema 4 - Práctica 3/4
  • Semana 7: Tema 5 - Práctica 4/5
  • Semana 8: Tema 5 - Proba Teórica 2 (PT2) - Proba Práctica 2 (PP2)
  • Semana 9: Tema 5/6 - Práctica 5/6
  • Semana 10: Tema 6 - Práctica 6 - Proxecto (1h)
  • Semana 11: Tema 6 - Proxecto (2h)
  • Semana 12: Tema 7 - Proxecto (1h) - Proba Teórica 3 (PT3) - Proba Práctica 3 (PP3)
  • Semana 13: Tema 7 - Proxecto (2h)
  • Semana 14: Proxecto (2h)
  • Período de exames: Proba Final teórica (PFT) - Proba Final práctica (PFP)

Seguindo as directrices propias da titulación, ofrécese aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

A decisión de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre deberá ser tomada como moi tarde a semana antes daquela na que se realiza no laboratorio a Proba Teórica 2 (PT2).

Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua, é necesario cumprir dúas condicións: entregar o proxecto realizado nas semanas 10 a 14 do curso, e obter unha nota final (NF) igual ou superior a 5. A nota final (que se calculará como a media harmónica entre a suma das probas prácticas e a suma das probas teóricas) virá dada pola seguinte expresión:

NF = (2*NT*NP)/(NT+NP)

Onde:
  • NP = 0.1*PP1+0.1*PP2+0.2*PP3+0.6*PFP
  • NT = 0.1*PT1+0.1*PT2+0.2*PT3+0.6*PFT

A Proba Final Teórica (PFT) avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais.

A Proba Final Práctica (PFP) avalía o proxecto entregado. De maneira indirecta, tamén avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.

Nótese que a aplicación da media armónica implica que non é posible aprobar a asignatura si algunha das notas (NP ou NT) é inferior a 3.3.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten a obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas. O alumnado terá opción a coñecer a cualificación de cada tarefa e revisar a corrección nun prazo aproximado de dúas semanas.

Para aprobar a materia no sistema de avaliación ao final do cuadrimestre, será necesario entregar un proxecto como o realizado polos alumnos de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter polo menos unha nota final igual ou superior a 5. Este sistema consistirá nunha proba de resolución de exercicios (parte teórica) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (parte práctica). A nota final (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:

NF = (2*NT*NP)/(NT+NP)

Onde:
  • NP = PFP
  • NT = PFT

A todos os alumnos que concorran ao exame final da materia, calcularánselles ambas as notas: a nota de avaliación continua e a nota de avaliación ao final de cuadrimestre. A nota final que se lle outorgará será a maior de ambas.

A cualificación será de "Non Presentado" nos seguintes casos:
  • En caso de optar pola avaliación continua, só si non realiza ningunha proba logo da Proba Práctica 1 (PP1).
  • En caso de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre, só si non realiza ningunha das probas finais (PFT e PFP).

-----------------------

Nas convocatorias extraordinarias, para aprobar a materia, será necesario entregar un proxecto como o realizado polos alumnos de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter polo menos unha nota final igual ou superior a 5. Nestas convocatorias, realizarase unha proba de resolución de exercicios (parte teórica) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (parte práctica). A nota final (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:

NF = (2*NT*NP)/(NT+NP)

Onde:
  • Se o alumno preséntase á proba de resolución de exercicios, NT será a nota obtida na devandita proba. Se non, NT será a nota de teoría obtida na avaliación ordinaria.
  • Se o alumno preséntase á proba no laboratorio, NP será a nota obtida na devandita proba. Se non, NP será a nota de prácticas obtida na avaliación ordinaria.

-----------------------

A cualificación obtida en calquera das tarefas evaluables será válida tan só para o curso académico no que se realicen, é dicir, non se garda ningunha nota dun curso para o seguinte.

-----------------------

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

-----------------------

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000