O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia. 1. Primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:
- Alumnado que só realiza a avaliación continua: é cualificado coa puntuación que obtivo na mesma.
- Alumnado que só realiza o exame final: é cualificado coa puntuación que obtivo no mesmo.
- Alumnado que realiza a avaliación continua e o exame: é cualificado coa mellor de ambas as puntuacións.
Detalles sobre o exame final: O exame final terá tres partes, cada unha delas correspondente a cada unha das tres probas de resolución de problemas e/ou exercicios realizadas ao longo da avaliación continua: EC1 (Tema I e Tema II), EC2 (Tema III e Tema IV) e EC3 (Tema V a Tema VIII). O alumnado pode optar por facer o exame completo ou aquelas partes nas que desexe mellorar a nota obtida durante a avaliación continua. 2. Exame extraordinario. O alumnado que non superou a asignatura ao final do cuatrimestre pode realizar un exame final extraordinario que abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razonamiento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación alcanzada no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e o exame finale de avaliación continua. Comentarios adicionais:-
As probas de avaliación continua realízanse en grupo B co que o alumnado debe asistir ao grupo que lle foi asignado ao principio de cuatrimestre. - A realización de dúas ou máis probas puntuables e/ou algún dos exames finais significará que o alumno terá unha cualificación distinta da de "non presentado".
-
A nota obtida en avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realice. - Considérase que a materia está aprobada si a nota final é igual ou superior a 5.
Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización. Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba). |