Guia docente 2015_16
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula, por parte do docente, dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual. Selección de exemplos básicos para clarificar conceptos.
Distribución: 15 sesións de 1 hora e media cada unha.
Carácter presencial.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos seminarios prácticos proponse:
a) Exercicios con resolución guiada polo profesor, tras un previo debate de formulacións entre os alumnos.
b) Exercicios con resolución autónoma.
Distribución: 9 sesións de 2 horas e media cada unha.
Carácter presencial.
Titoría en grupo Revisión e control de competencias de coñecemento e destreza na práctica.
Realización de dous cuestionarios de nivel básico: o primero dos temas 1, 2, 3 y 4; e, o segundo, dos restantes temas do programa.
Distribución: 2 sesiones (a mitade do curso e ao remate do curso) de 2 horas y media cada unha.
Carácter presencial.
Outros MOF Virtu@l:
O alumno dispón dun curso on-line especificamente deseñado para estimular o seu proceso de aprendizaxe, seguindo o programa da materia e o ritmo pautado nas clases presenciais. Pódense consultar as unidades didácticas do programa, en soporte dixital e en formato pdf, con autoevaluaciones, exemplos de cada concepto, glosarios, enunciados de prácticas, actividades propostas e bibliografía. Ademais, ao final de cada unidade didáctica, o alumno pode comprobar o nivel de progreso alcanzado en cada tema realizando un test, con retroalimentación personalizada. Tamén se inclúen exames resoltos de convocatorias anteriores.
Carácter non presencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000