Guia docente 2015_16
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Desenvolvemento Psicolóxico da Aprendizaxe no Ensino Secundario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Actividades e prácticas a resolver en clase 70 C1
C2
C3
C4
C5
C9
Probas de tipo test Preguntas sobre os contidos do temario 30 C1
C2
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este máster ten a modalidade de ensino presencial, por tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser, polo menos do 80% estando admitido faltar  ao 20 % da presencialidade.

Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan tanto na proba tipo test como nos traballos de aula como mínimo un 50% da cualificación nese apartado. O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do máster para os exames oficiais. Esta proba suporá o 100% da nota final. Os pormenores e características da devandita proba serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente. Aqueles estudantes que non superen as probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000