Estratexias de Innovación Docente no Campo das Linguas Estranxeiras
Código
V02M066V09232
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
Este materia ten como obxectivo a innovación e mellora na práctica docente de linguas estranxeiras a través da investigación na aula, cunha metodoloxía centrada no alumnado. As premisas básicas da práctica docente neste eido son a observación, avaliación e adaptación de actividades na aula de linguas estranxeiras, a aprendizaxe autónoma e as diferentes modalidades para avaliala. Prestarase unha atención especial ás tecnoloxías da información e a comunicación como fontes de innovación e investigación nas linguas estranxeiras. Afondarase igualmente nos recursos innovadores dos programas europeos para o estudo das linguas estranxeiras.