Traballos e proxectos |
Cada alumno deberá realizar ao longo do curso unha serie de traballos e actividades propostos por cada un dos docentes da materia. Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor responsábel. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, cada profesor emitirá unha nota inidvidual sobre 10. Esta será poderada en función do número de horas do docente e sumada á dos demais para obter a cualificación final do alumno. |
100 |
|
B3 B4 B5
|
C2 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C13 C14
|
D1 D2 D3
|
A avaliación continua só se aplicará ao alumnado que asista habitualmente ás clases. O alumnado que presente un absentismo prolongado ás clases ou que non supere o proceso de avaliación en primeira convocatoria terá que presentar un traballo centrado no deseño dunha unidade didáctica. O alumno pódelle propor ao profesorado un tema diferente para o seu traballo. Sexa como for, o profesorado debe estar informado e conforme coa mudanza de tema. O sistema de cualificación será o mesmo que na primeira convocatoria.
|