Guia docente 2015_16
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Sector Servizos
 Materias
  Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Calificaranse as actividades realizadas na aula para comprobar a consolidación das aprendizaxes e realizar unha retroalimentación positiva.
20 B1
B2
B7
B16
B17
C13
C24
C27
C31
Proxectos Cada alumno presentará a programación dunha unidade didáctica. Poderá elexir a temática e o curso de implementación. 80 B3
B4
B5
B6
B7
B10
B18
C4
C9
C19
C20
C24
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación
desta asignatura desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco
xeral das competencias, é dicir, das capacidades, a avaliación intentará
recoller e valorar aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto de: campo
dos coñecementos, campo dos procedementos, campo actitudinal e campo
relacional.

Entendemos que
o equilibrio estará en que o alumnado acabe por dominar estas catro grandes
dimensións que dalgunha forma contribuirá a que se forme de xeito integral.

 

A avaliación
está deseñada en función das seguintes características: formativa, continua,
integral e final. Polo tanto, afecta a todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

A avaliación do
proxecto terá dous aspectos: por un lado a xustificación teórica dos distintos
elementos curriculares traballados e por outro o seu diseño. Para avaliar o
proxecto seguiranse as seguintes normas:

l.- Utilización
dos coñecementos disponibles nos documentos traballados na aula para contrastar
as propias ideas, apoialas e fundamentalas.Comprensión das ideas básicas
contidas nos materiais utilizados e analizados.

2.- Expresar
correctamente as ideas propias, argumentadas e demostrar capacidade de escoita
e receptividade.

3.- Crítica
razonada de posicións e feitos fundamentados con argumentos utilizando un
vocabulario técnico propio da materia.

4.- Claridade
expositiva, habilidades de comunicación, estructura da presentación traballada
na aula.

5.- Estructura
lóxica das ideas.

6.- Utilización
e manexo das TIC.

7.- Adecuación
e coherencia entre as actividades prácticas e os contidos teóricos.

8.- Calidade
das aportacións e expresións de ideas innovadoras, contribucións no traballo en
grupo, compromiso nas

diferentes
tarefas.

9.- Formulación
dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o tempo, etc.

10.- Selección
do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a
idade, o tempo, etc.

11.- Selección
das actividades, creatividade na súa elaboración, adecuación a idade e a
temporalización.

12.- Diseño innovador de recursos.

13.- Selección das estratexias de avaliación: actividades
de avaliación, tipos e técnicas de avaliación, deseño de

instrumentos, etc.

 O seguimento dos grupos de traballo convírtese unha
ocasión privilexiada para introducir, por parte da profesora, aspectos actitudinais
(cooperación, responsabilidade profesional, motivación polo traballo de mestre,
etc.). Do mesmo xeito, en algunhas
fases do proxecto pídeselle ao alumnado que valoren o seu propio traballo
(autoavaliación) ou o traballo dos demais compañeiros (coavaliación) para facer
unha retroalimentación do proceso que permita solventar os erros na aprendizaxe
o antes posible.

Para a valoración de traballo en grupo o alumnado debe
cubrir unha matriz de autovaloración que estará dispoñible na plataforma.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000