A materia Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral deséñase como unha proposta aberta e flexible que posibilite a intervención e o feeb-back continuo entre profsor e alumnos/as dentro dos estudos do Master en Artes Escénicas. Quere ter unha pretensión holística que faga posible a comprensión, o estudo e a utilización de ferramentas axeitadas para facilitar a achega ós fenómenos pedagóxicos e artísticos cunha ampla mirada, de maneira que o alumno/a saiba comprendelos e analizalos tendo en conta ós procesos educativos que lle dan forma poñendo en valor a mirada creativa, artística e social que o seu arredor se desenvolve. A animación teatral defínese como aquel conxunto de prácticas socioeducativas con persoas, grupos ou comunidades que, a través de metodoloxías dramáticas ou teatrais, xenera procesos de creación cultural e persegue o empoderamento (empowerment) dos participantes. Definimos esta materia como un punto de encontro interdisciplinar no que confluen o antropolóxico, o educativo e o artístico.
Neste sentido a proposta que agora presentamos ven significar unha aposta polas metodoloxías baseadas no principio de actividade. Para iso é preciso coñecer, familiarizarse con algunhas das teorías e paradigmas educativos para implementar o desenvolvemento do binómio teoría-práctica e por extensión, dotar aos alumnos de competencias pedagóxicas que lles posibiliten un achegamento máis actualizado ao coñecemento do corpus da materia.