Coñecer e utilizar os conceptos, instrumentos e metodoloxías para a análise de espectáculos tanto desde unha perspectiva teórica como práctica. Coñecer e utilizar as ferramentas da crítica e as súas distintas correntes metodolóxicas. Realizar análises en profundidade de espectáculos e unha crítica dun espectáculo en calquera dos seus tipos e variedades.
Situar a crítica de espectáculos dentro dos actuais debates culturais, teóricos e filosóficos.