As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións:
un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación
única. Recoméndase
optar polo primeiro. Dado o carácter da materia é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Recoméndase ao alumnado semipresencial de acudir con regularidade ás
titorías e aos seminarios específicos que se poderán ofrecer ao longo do
cuadrimestre. Para
a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. É
recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es). Quen
opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o
ao final do primeiro período, na primeira edición das actas, da
seguinte forma: 1.
Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%;
práctica: 50%–). A proba escrita realizarase na última sesión de aulas, coincidindo co exame do grupo en avaliación continua. 2.
Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A proba oral realizarase na última semana de aulas. É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia
ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica:
0) nas mesmas. A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes do final do período de aulas), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
calificación de 0 (cero) puntos na mesma. Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda
edición das actas (xullo). En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás
titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma
(http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua. Para o grupo semipresencial ofreceranse dúas sesións de titorías grupais, a maiores das titorías individuais: na primeira semana de outubro e na última semana de novembro. |