Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o estudante ten que desenvolver. O alumnado de réxime semipresencial terá acceso aos materiais necesarios a través da plataforma de teledocencia. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. O alumnado de réxime semipresencial poderá acceder aos exercicios que se traballaron nas clases prácticas a través da plataforma de teledocencia; poderá entregalos para a súa corrección e comentario, cando cumpra, a través dos medios dispostos (plataforma, correo e, etc.) nos prazos que se determinen. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte do alumnado ante o docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
|