Traballos de aula |
Modalidade presencial: Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Modalidade semipresencial: O alumnado preparará este tipo de proba a través da plataforma FAITIC. Non obstante, conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade pode asistir, presencialmente, a realización da proba avaliativa consistente nun cuestionario común co alumnado da modalidade presencial. |
10 |
|
|
C16
|
D6 D12
|
Modalidade presencial: Para poder optar ao sistema de avaliación continúa o alumnado deberá asistir, cando menos, a 10 das 14 sesións teóricas previstas na programación. Na última semana do cuadrimestre o alumno de evaluación continúa debe facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Nas aulas prácticas o alumnado de evaluación continúa deberá facer dous cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. Na última semana do cuadrimestre o alumnado que non seguiu a avaliación continúa ou perdeu o dereito a mesma, poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Na segunda edición (xullo), o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Modalidade semipresencial: Na última semana do cuadrimestre o alumno de evaluación continúa debe
facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de
problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo
profesor O alumnado de evaluación continúa deberá facer dous
cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión,
cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade
pode asistir, presencialmente, a realización destas probas. Na última semana do cuadrimestre o alumnado que non seguiu a avaliación continúa poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. Na segunda edición (xullo), o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. Outros comentarios: Faranse duas titorías grupais ao longo do cuadrimestre para a modalidade semipresencial.
|