Resolución de problemas e/ou exercicios |
Sesións prácticas: exercicios gramaticais e revisións que requiren unha preparación previa por parte do alumnado. Traballos en grupo e exposicións na aula. No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para realizar os exercicios correspondentes e para avanzar en cada unidade temática. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, prácticas de campo e outras actividades relacionadas cos contidos da materia.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para acompañar os eventos docentes e divulgativos. |