Recursos para a tradución especializada de inglés a galego. |
Terminoloxía, aplicacións, programas de apoio, ferramentas informáticas, documentación, recursos humanos. |
A xestión e planificación do traballo de tradución de inglés a galego: decisións que inflúen na calidade e procedementos habituais do sector |
Recreación do proceso de aceptación, xestión e realización dunha tradución no ámbito profesional (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...).
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de planificación e xestión dunha tradución. |
Tradución de textos de temática e dificultade variada de inglés a galego |
Encargas e realización individual e colectiva de traballos de tradución reais ou textos susceptibles de seren traducidos no ámbito profesional.
Os factores que inflúen no trasvase intercultural, o propósito da tradución, as implicacións culturais, as limitacións de formato, o paratexto.
A adaptación, a tradución á vista.
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de realización dunha tradución, desenvolvemento da pericia. |