Presentacións/exposicións |
Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou similar), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material. |
20 |
|
|
C3 C6 C8 C9 C12
|
D1 D2 D3 D4
|
A avaliación dos traballos
realizarase tendo en conta o grao de consecución das competencias establecidas
para a materia TFG. A coordinadora da materia aportará instrucións
detalladas sobre o proceso de elaboración e entrega do traballo e sobre as
datas das convocatorias. Toda a información estará dispoñible na plataforma Faitic. As datas de entrega do traballo
escrito e da defensa oral serán anunciadas polo Decanato da Facultade a
principios do curso académico. Calquera plaxio identificado será
motivo de suspenso da materia. Entenderase por plaxio calquera cita literal
(curta ou longa) presentada como propia (i.e. sen comiñas e sen referencia da
autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que
non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa procedencia (un traballo
individual ou colectivo, unha publicación impresa ou un documento electrónico
ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por
parte dalgún/a compañeiro/a etc). Consonte o Regulamento do TFG, ‘[e]n ningún
caso pode ser
un traballo presentado
con anterioridade polo/a estudante nalgunha
materia de calquera
titulación’. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Recoméndase que o alumnado visite
a plataforma Faitic con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio desta
plataforma vía correo electrónico. É responsabilidade da/do estudante consultar
os medios de comunicación establecidos. A avaliación terá en conta non só
a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección
lingüística. |