Habida conta da relevancia da asistencia e participación no caso da avaliación continúa, que é o tipo de avaliación que se empregará por defecto para esta materia, é fundamental que todo o alumnado asista á clase con regularidade desde o comenzo do curso. Na segunda sesión do curso estipulárase o traballo a realizar para a sección de traballos e proxectos individuais e en grupo e distribuirase e pautarase o cronograma de traballo a cubrir. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obligatorios (entre paréntesis figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa e lecturas previas nas sesións maxistrais (10%) e seminarios (10%). (2) Presentación Oral 40% e Dossier (breve traballo escrito) 20% dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ao comezo do curso. (3) Exercicio escrito final de carácter experimental (20%): Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuatrimestre. O alumnado cuxa media numérica de probas de avaliación continua na primeira edición de actas (maio) sexa suspenso poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da convocatoria de xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos cauces habituais . A data é inamovible e non está sometida a modificacións de ningún tipo. O alumnado Alleo/Erasmus deberá someterse ás mesmas normativas en materia de exames en convocatoria oficial que rexen para o alumnado da UVigo. O alumnado que non asista ás sesión de organización da materia segundo a avaliación continúa durante a primeira semana do comezo do curso poderá asistir á clase pero será avaliado na primeira edición de actas (maio) cunha proba final escrita e global que supoñerá o 100% da cualificación final. No caso de non superar a proba final escrita e global este alumnado poderá concorrer á proba na convocatoria de xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos cauces habituais. Non se aplicará modificación algunha sobre esta data. O alumnado Alleo/Erasmus deberá someterse ás mesmas normativas en materia de exames en convocatoria oficial que rexen para o alumnado da UVigo. Aclaración: Todas as datas das probas de avaliación continúa (á excepción da do exame oficial de xullo) serán establecidas unha vez que sexan acordadas co alumnado na primeira semana de curso e serán publicadas nun cronograma que se publicará en FAITIC nesa mesma semana. En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |