1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 1.1. Avaliación continua Na primeira edición de actas a
avaliación será continua,
consonte o detallado máis arriba. Os traballos terán periodicidade semanal durante o período de docencia e versarán sobre os temas impartidos. É obrigatorio realizar e entregar
no prazo estabelecido todos os traballos
asignados durante o desenvolvemento das aulas. A
entrega de traballos e exercicios implica a aceptación do sistema de avaliación
continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá
presentarse ao exame correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a
súa cualificación na primeira edición de actas corresponderá á media das
notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.
Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. 1.2. Avaliación única Se
algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesor argumentadamente
ao comezo do cuadrimestre (nas
dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos
da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame
terá lugar ao final do cuadrimestre, despois de que remate o período de docencia, nunha data que será acordada entre
profesor e alumnado con antelación suficiente. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Faitic. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na
segunda edición de actas (xullo)
a avaliación levarase a cabo mediante
un exame único, baseado en todos os contidos da materia e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. |