Sesión maxistral |
Exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora. |
Traballos de aula |
Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e mais nos seminarios así como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas. |
Titoría en grupo |
As titorías grupais son de carácter obrigatorio, terán lugar en horario de clase (nas sesións que se indiquen) e estarán dedicadas, entre outras actividades, á organización das tarefas de aprendizaxe, distribución de traballos, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico e á supervisión da elaboración dos traballos. |
Estudos/actividades previos |
O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto teóricos/críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material. |