As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. Dado o carácter da materia é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Para a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es). Quen opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas, da seguinte forma: 1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%–). A proba escrita realizarase na última sesión de aulas, coincidindo co exame do grupo en avaliación continua. 2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A proba oral realizarase na última semana de aulas. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes do final do período de aulas), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma. Os mesmos criterios de avaliación explicados para a avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. O alumnado suspenso na modalidade de avaliación continua terá que recuperar unicamente as partes suspensas. O alumnado suspenso na modalidade de avaliación única terá que recuperar a proba completa na que suspendeu (proba escrita teórico-práctica e/ou proba de expresión oral). |