Probas de resposta curta |
Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. |
80 |
|
|
C5 C10
|
|
A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase
na derradeira semana de clase. A avaliación continua comprende probas escritas esporádicas no aula (máximo catro) e avaliación continua de destrezas orais. Os estudantes que suspenden son examinados de toda a materia. O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito
na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra
data concertada co profesorado para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota. Tanto no caso da avaliación continua, como
da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para
o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un
valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo
20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data
concertada co profesorado. |