Mediante os
exercicios e exames elaborados neste curso as/os estudantes demostrarán: i) a
súa comprensión dos cambios lingüísticos de maior importancia na historia da
lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos lingüísticos e
presentar un argumento claro e preciso. 1ª edición de actas A avaliación será contínua e realizarase consonte o detallado nesta sección. Na primeira
edición de actas o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (80% da nota final),
mediante os cales se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico ós
temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. A profesora
proporcionará guías detalladas sobre o procedemento de avaliación, previamente
a cada exame. O primeiro parcial terá lugar ao rematar o tema de Morphology na
semana 14-18 de marzo. O segundo parcial terá lugar a semana seguinte de
rematar o período de docencia. É obrigatorio presentarse ós dous exames; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación contínua e deberá ir á segunda edición de actas con toda a materia. Igualmente,
no caso de que a cualificación do primeiro exame parcial non acade unha nota de
4, a/o estudante non eliminará materia e deberá realizar novamente unha proba
correspondente a ese bloque coincidindo coa data da segunda proba en maio. O terceiro
compoñente de avaliación consiste na entrega regular de tasks/exercicios (20%). Os exercicios serán entregados en relación
ás unidades temáticas, normalmente un por tema. Algúns exercicios deberán ser
entregados mediante a plataforma virtual Faitic. A entrega dos exercicios
despois da data fixada como límite non será aceptada se non está debidamente
xustificada. Se a/o estudante non entrega catro ou máis destas tarefas, a/o
estudante perderá o 20% completo. A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación
activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios; porén, a
asistencia por si mesma non é un elemento avaliable. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa
profesora, con anterioridade á data de realización da proba. 1ª edición de actas, avaliación única Haberá unha
modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es
estudantes que por motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular
da materia en avaliación continua, e para aquelas/es que suspenderon o primeiro
exame cunha nota inferior a 4. A avaliación
constará dun exame único, baseado nos contidos da materia (os dous parciais) e
cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na
mesma data ca o segundo exame parcial en maio. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a
asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. O
alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un
contacto continuado coa materia a través da plataforma Faitic. 2ª edición de actas Na segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado
nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de
Facultade. Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. Outros comentarios As/os estudantes
deberán entregar os exercicios, tarefas e lecturas que a profesora considere
oportunos para cada unidade. Todas as probas
en tódalas convocatorias cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Recoméndase que
as/os estudantes asistan a clase con regularidade, e que visiten a plataforma
virtual tamén con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio da
plataforma virtual Faitic e vía correo electrónico. É responsabilidade da/do
estudante consultar os medios de comunicación establecidos. A integridade
académica é fundamental, e espérase de tódalas/os estudantes. Non se tolerará
un comportamento inadecuado (sexa copia, plaxio, traballo conxunto non
autorizado, etc.), e será debidamente penalizado cunha nota 0 na tarefa en
cuestión. De ser unha falta moi grave, pode resultar nunha nota 0. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. |