Recoméndase que o estudantado ERASMUS/Alleo comprobe previa reunión co profesorado a pertinencia na escolla da materia habida conta da súa traxectoria académica previa na súa universidade de orixe.
A normativa de horarios/probas/exames e convocatorias é a mesma para todo o alumnado. Non se farán excepcións de ningún tipo co alumnado Alleo/ERASMUS.
Dado que o carácter da materia é presencial as titorías tamén terán carácter presencial.
A asistencia e participación activa nas sesións presenciais desta materia é fundamental. Para isto é imprescindible a lectura dos textos obrigatorios antes das clases.
É imprescindible o emprego de Faitic para recibir as comunicacións das profesoras e o intercambio de arquivos.
|