Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Proba final |
40 |
A1 A2 A3
|
B4
|
C1 C4 C5 C6 C9 C13
|
D1 D4
|
1.- O alumnado que opte por avaliación continua terá que facer, ao longo do curso, dous exercicios escritos na aula (en condicions de exame), que puntuarán, cada un, entre un 20% e un 50 % da nota global. Estas probas realizaránse entre a terceira e quinta semana (1ª proba) , e entre a sétima e novena semana (2ª proba) do curso. O resto da puntuación, que non excederá do 40%, corresponderá a unha tercera proba na última semana lectiva do curso. Reservaráse, a criterio exclusivo do profesor, un 10% de cualificación para premiar a participacion activa en clase. A mera asistencia a clase non ten asginada avaliación. 2.-Non existe obriga de asistir a un mínimo de clases, pero a NON asistencia ás clases nas que teñan lugar exercicios escritos avaliables, implicará a perda desa porcentaxe de nota (salvo enfermidade / causa debidamente xustificada, nese caso buscaráse unha data alternativa para a redacción do exercicio). 3.- Pasada a data da primeira proba avaliable sen comparecencia, sen xustificación por forza maior (enfermidade, etc) o alumnado, sexa erasmus / outros convenios ou alumnado da UVigo, perde o dereito a avaliación continua e pasará automaticamente a avaliación única. 4.- Todalas clases nas que teñan lugar probas avaliables, dentro do calendario estipulado arriba, serán anunciadas coa debida e suficiente antelación tanto nas propias clases presenciais como na plataforma Faitic. 5.- A avaliación realizase exclusivamente por porcentaxes matemáticas (non por exames / seccións) polo que un resultado global de suspenso na 1ª edición de actas implica un nivel xeral insastifactorio e require examinarse de novo en segunda edición de actas da materia completa. 6.- O alumnado que: dende o principio non opte a avaliación continua, a abandone nalgún punto (v.gr.,non acuda a unha proba avaliable obrigatoria) , ou perda o dereito a esta por incorporarse moi tarde (v.gr. pasada a 1ª proba obrigatoria, véxanse puntos 1 e 3) será examinado mediante unha proba única que incluirá a redacción dalgún/s do/s tipos de traballo vistos en clase, e que computará como o 100% da nota. Esta proba terá lugar simultáneamente coa tercera e última proba de avaliación continua, na última semana lectiva (ver 1), e poderá durar ata un máximo de 2 horas. 7.-A edición de actas de xullo constará dun exame composto por varias probas escritas, que de xeito máis sintético que a avaliación continua, avaliará todalas competencias escritas avaliadas desta materia. O alumnado ten que prever un tempo máximo de realización deste exame de 2 horas 30 minutos. Lémbrase que, conforme a normativa deste centro, non se modificara a data deste exame por coincidencia con outra convocatoria de exame de xullo doutra materia de Linguas Estranxeiras, dado que o profesorado non ten máis obriga que a de cumplir o calendario oficial de exames determinado pola Facultade de Filoloxía e Tradución. |