Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. O exame terá lugar na derradeira semana do curso. Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos (un por mes) na data requirida, sinalada no primeiro mes do curso. e terán que superar cun minimo dun catro cada una das partes na calquera das modalidades, si non terán que ir o Final. As probas non entregadas contarán como un cero. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a
avaliación continua deberá falar cos profesores ao comezo do curso. Nese
caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª
edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá lugar na derradeira semana do curso A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses. Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición. |