Defensa oral do TFG. O/A estudante disporá de 10 minutos para presentar a súa proposta. Recoméndase
que inclúa na súa intervención os aspectos seguintes: -Introdución:
problemática obxecto de
estudo e o seu interese. -Bases
teóricas e/ou metodolóxicas: marco teórico e hipótese(s) do traballo. -Resultados:
principais resultados
obtidos. -Conclusións: achegas do traballo ao obxecto de estudo Na presentación oral o alumnado non poderá ler. Si poderá empregar un pequeno
guión ou acompañar a súa presentación oral de material de soporte visual,
auditivo, etc., pero a presentación oral NON pode constituír a simple lectura do devandito material. Os membros da comisión avaliadora presentarán nun tempo máximo de 15
minutos os seus comentarios e preguntas, as cales deberá contestar, brevemente,
o/a estudante. Despois da deliberación a porta pechada, e unha vez decidida a cualificación
do TFG (que, segundo se recolle no artigo 7, parágrafo 7, do Regulamento do TFG
da Facultade de Filoloxía e Tradución, deberá ser numérica, de 0 a 10, coa posibilidade de outorgar
matrícula de honra (MH) nas condicións determinadas na normativa), a comisión avaliadora
levantará acta do acto de defensa e entregaralle unha copia á persoa responsable
da materia (para que complete a acta correspondente na secretaría virtual) e outra
á Secretaría do alumnado (cfr. art. 7, parágrafo 9 do Regulamento do TFG da
FFT). No suposto de que a cualificación do TFG sexa a de suspenso, lémbrase que
a comisión avaliadora lles entregará a estudantes e profesorado titor un
informe coas recomendacións oportunas para mellorar o TFG en posteriores avaliacións
(cfr. art. 7, parágrafo 8 do Regulamento do TFG da FFT). |