Traballos tutelados |
O TFG realizarase baixo a supervisión dun titor ou dunha titora. O discente ten dereito a unha atención personalizada co seu titor ou titora dende o momento en que a Facultade llo asigna. Como sinala o regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía e Tradución, no seu artigo 4.6 "O profesorado non ten a obriga de lle dedicar máis horas de atendemento ó alumnado cás recoñecidas na 'Normativa de recoñecementos docentes' aprobada anualmente polo Consello de Goberno". Para o curso 2014-15, a normativa recoñece 5 horas por TFG. En todo caso, o discente poderá superar ese recoñecemento horario na medida en que o estime oportuno para un seguimento satisfactorio do traballo. |
|