As clases desta materia impartiranse en lingua portuguesa, podendo as/os estudantes responder en lingua portuguesa, galega ou castelá, segundo as súas preferencias. Tamén poden realizar as exposicións orais nestas linguas. Os traballos escritos poden ser redactados en lingua portuguesa, galega, castelá, inglesa ou alemá. Con todo, recoméndase con toda a insistencia que a/o estudante dispoña dun coñecemento pasivo de lingua portuguesa suficiente (B1 como mínimo) para poder seguir unha exposición académica e, tamén, para ler e comprender textos literarios e ensaísticos neste idioma.
Convén que o alumnado se habitúe ao longo do cuadrimestre a ler/oír/ver noticias en lingua portuguesa en medios de comunicación tanto portugueses, brasileiros como tamén africanos lusófonos.
Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Literaturas e Culturas Lusófonas na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna e que parte de coñecementos históricos e literarios destas culturas, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña como mínimo un nivel de B1 en lingua portuguesa e que non teña coñecementos mínimos de historia e literatura lusófonas matricularse nesta materia. |