Exame teórico de tipo test de 40 preguntas de resposta única (duración máxima de 1 hora). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico e co traballo, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación: Cualificación = [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
B1 B2 B3 B5 B6
C16 C36 C42
D4 D15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Exame onde o alumno dirixirá 3 exercicios dun xeito práctico (10 minutos por exercicio). Os exercicios serán elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso, correspondendo 1 ao apartado de exercicios en máquinas e 2 a exercicios en mat. Se así o desexa a maioría do alumnado, ao rematar as clases de Pilates en máquinas farase o exame práctico desa parte (suprimíndose esa pregunta da data que lle corresponda na convocatoria de maio-xuño).
Tódalas preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico e ter feito e exposto o traballo (agás no caso do exame práctico de máquinas, se é que este se adianta ao rematar as clases susoditas). Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico e co traballo, non se pode acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
B3 B5 B6 B8 B14 B15 B19
C35 C36 C38 C44 C49 C51 C52
D1 D6 D9 D11 D13 D16 D17 D24 D28 D29 D30
Traballos e proxectos
A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O esquema da clase (basicamente, características dos pacientes-practicantes da clase; obxectivos terapéuticos da clase; relación de exercicios de Pilates da clase; vídeo da clase/exercicios) terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia.
A metade da puntuación do traballo corresponderá ao informe e o vídeo entregado, e a outra metade corresponderá á clase presentada ao profesor e aos compañeiros.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 1,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 1,2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Á hora de realizar o traballo e a súa presentación, o alumnado poderá consultar na plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/) ou na páxina web do profesor (http://webs.uvigo.es/gfuentes) unha serie de consellos, así como unhas normas para a súa elaboración
O valor do traballo corresponderá ao 30 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.
Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.
O alumno poderá elixir entre dous tipos de probas para os contidos teóricos: exame tipo test ou exame de resposta curta.
O exame de resposta curta constará de 5 preguntas (duración máxima de 1 hora). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
No caso de optar por esta forma de exame da parte teórica da materia, non se fará a opción tipo test.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000