Esta materia é unha materia optativa do 3º curso do Título de Grao de Fisioterapia (impártese no 2º cuadrimestre). Nela estúdase o uso terapéutico en Fisioterapia do método Pilates.
Debido aos seus contidos, é importante ter coñecementos previos sobre anatomía do aparato musculoesquelético, biomecánica e física aplicada, localización de estruturas anatómicas e patoloxía medicocirúrxica.
Por outra parte, o seu encadre dentro da Titulación serve ao mesmo tempo para incrementar no alumnado o arsenal terapéutico do que pode dispor para tratar aos doentes, actividade que vai a desenvolver na materia "Estancias Clínicas", de cuarto curso.