Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social. |
B3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
B4 |
Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos. |
B5 |
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. |
B6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
B7 |
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. |
B8 |
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. |
B9 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados. |
B10 |
Elaborar o informe de alta dos coidados de Fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos. |
B11 |
Proporcionarlles unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes. |
B12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
B13 |
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais. |
B14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
B15 |
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica. |
B16 |
Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
B17 |
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta. |
B18 |
Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se poña atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios. |
B19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
C13 |
Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado |
C18 |
Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos |
C19 |
Coñecer e comprender os Procedementos fisioterapéuticos baseados en Métodos e Técnicas específicos de actuacións fisioterapéuticas a aplicar nas diferentes patoloxías de todos os aparatos e sistemas, e en todas as da saúde, e na prevención da enfermidade. Tales métodos están referidos, entre outros: aos procesos neurolóxicos; do aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, oteopatía e quiropraxia); do aparato respiratorio; do sistema cardiocirculatorio; ás alteracións da estática e a dinámica; aos métodos específicos ortopédicos; e ás técnicas terapéuticas reflexas, alternativas ou complementarias afines ao campo de competencia da Fisioterapia |
C20 |
Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia |
C25 |
Coñecer e comprender os criterios e indicadores que garantan a calidade na prestación do servizo de fisioterapia, mediante o uso de guías de boa práctica clínica e de estándares profesionais |
C34 |
Elaborar e cumprimentar de forma sistemática a Historia Clínica de Fisioterapia completa, onde se rexistre de forma adecuada e eficaz todos os pasos seguidos dende a recepción do paciente/usuario ata o informe ao alta de Fisioterapia |
C35 |
Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais |
C36 |
Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación |
C37 |
Deseñar o Plan de Intervención de Fisioterapia. Elaborar un Plan específico de Intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consonancia cos recursos dispoñibles; formulando os obxectivos de intervención co usuario e, no seu caso, coas persoas significativas do seu entorno, recollendo as súas expectativas respecto da atención; seleccionando os protocolos ou procedementos máis adecuados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia |
C38 |
Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde |
C39 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; rediseñar os obxectivos segundo a valoración, si é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso |
C40 |
Elaborar o informe ao alta de Fisioterapia. Cando considere que se cubriron os obxectivos propostos, ben por curación do proceso ou ben porque se esgotaron as posibilidades de recuperación coas medidas terapéuticas ao alcance, propoñerase a alta de Fisioterapia e elaborarase o informe pertinente |
C41 |
Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o que será necesario: Interpretar as prescricións facultativas; preparar o entorno en que se levará a cabo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarlle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios |
C42 |
Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade |
C43 |
Relacionarse de forma efectiva con todo o equipo pluridisciplinar. Iso inclúe: establecer os obxectivos de Fisioterapia no seo do equipo; recoller, escoitar e valorar as reflexións do resto do equipo pluridisciplinar cara ás súas actuacións; aceptar e respectar a diversidade de criterios do resto dos membros do equipo; recoñecer as competencias, habilidades e coñecementos do resto dos profesionais sanitarios; participar e integrarse nos traballos do equipo nas súas vertentes científicas e profesionais, así como de relación cos familiares, grupos de interese e institucións; facer da comunicación e o respecto aos profesionais as ferramentas de superación dos conflitos interprofesionais e de competencias |
C44 |
Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión |
C45 |
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional |
C46 |
Analizar críticamente os métodos, protocolos e tratamentos da atención en Fisioterapia e velar porque estes se adecuen á evolución do saber científico |
C47 |
Desenvolver actividades de planificación xestión e control dos servizos de Fisioterapia |
C48 |
Aplicar os mecanismos de garantía de calidade na práctica da Fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para a boa práctica profesional |
C49 |
Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión |
C50 |
Asumir riscos e vivir en entornos de incerteza, é dicir, ter a capacidade para desempeñar unha responsabilidade sen coñecer ao 100% o resultado final |
C51 |
Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa |
C52 |
Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade |
C57 |
Capacidade de identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análises e diagnóstico a través da imaxe |
D1 |
Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma. |
D2 |
Capacidade de análise e síntese. |
D3 |
Capacidade de organización e planificación. |
D4 |
Capacidade de xestión da información |
D5 |
Resolución de problemas |
D6 |
Toma de decisións |
D7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
D8 |
Comunicación a persoal cualificado como a non cualificado |
D9 |
Compromiso ético |
D10 |
Traballo en equipo |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D12 |
Razoamento crítico |
D13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. |
D14 |
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Motivación por a calidade. |
D17 |
Adaptación a novas situacións |
D18 |
Creatividade |
D19 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D21 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D22 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |
D23 |
Traballar con responsabilidade |
D24 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora |
D25 |
Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais |
D26 |
Colaborar e cooperar con outros profesionais |
D27 |
Manifestar discreción |
D28 |
Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario |
D29 |
Axustarse aos límites da súa competencia profesional |
D30 |
Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir |