Sesión maxistral |
Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado, utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais, fundamentalmente ordenador persoal e proxector de vídeo. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as diapositivas elaboradas polo profesor que lle servirán de guía a través da plataforma Tem@. |
Prácticas de laboratorio |
Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta, por unha parte, a posición do usuario/paciente, así como a execución da manobra e, por outra parte, a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. As prácticas de laboratorio faranse por grupo no laboratorio de Fisioterapia indicado polo profesor. |
Traballos tutelados |
O estudante elaborará en grupo un documento sobre unha temática da materia (conformaranse 12 grupos de traballo). Esta actividade inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e análise crítica. Utilizarase a plataforma Tem@. Unha vez elixido o tema, o grupo procederá á busca de artigos sobre o tema elixido (tantos artigos como alumn@s no grupo), elaborará un resumo (de cada un dos estudos) e, a continuación, fará un comentario sobre os resultados atopados neles. Resumos e comentarios subiranse a un foro aberto de cara a que os compañeiros poidan coñecer os resultados aportados por cada un dos grupos. Cada grupo terá que, posteriormente, presentar unha breve análise da información aportada por dous dos outros grupos. |