O alumno/a terá que acadar unha nota numérica mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos cinco apartados avaliables, é dicir, hai que aprobar todos os apartados da materia. Para a segunda convocatoria, en xullo, se non se chega a un 5 en algún dos apartados cualificables na convocatoria anterior, o alumno/a terá que presentarse so cos apartados suspensos. O alumnado que non supere a materia nas dúas convocatorias do curso académico 2014/2015, terá que presentarse con toda a materia ao ano seguinte. O alumnado que non poda asistir a clase por causa grave e baixo xustificación, terá que facer un traballo para compensar a non asistencia a clase, ademais dun exame práctico. Deberá porse en contacto cos docentes no primeiro mes de clase para determinar o tema do mesmo e as datas. A non entrega ou entregar fora de prazo dos traballos, significa a perda de avaliación dese apartado. |