Tema |
Subtema |
1. A Ciencia da Conservación. |
Oríxenes e breve historia dos movementos conservacionistas. Principios da bioloxía da conservación. Ecoloxía e ecoloxismo. Importancia da ciencia na conservación. |
2. Valores e funcións ecolóxicas da biodiversidade. |
Diversidade xenética, específica e ecosistémica: o concepto de biodiversidade. ¿Por que se deben conserva-las especies? O valor intrínseco das especies e o seu estatus de conservación. Os valores instrumentais e a rareza das especies. Os valores ecosistémicos. |
3. Biodiversidade e estabilidade. |
O concepto de estabilidade. O debate diversidade-estabilidade (a historia da controversia, estudios actuais, compartimentación, diversidade e cambio global, implicacións para a bioloxía da conservación). Retrogresión. |
4. Principios ecolóxicos na explotación de recursos naturais. |
Concepto de rendemento óptimo. Principios para a explotación das poboacións. Cambios xenéticos nas poboacións explotadas. A explotación dos bosques. Certificación forestal (FSC, PEFC). |
5. A extinción. |
Número de especies que habitan o planeta. Causas da rareza das especies. Clasificación IUCN. Estimación da taxa de extinción. Procesos e causas de extinción. Degradación e destrucción de hábitats. Dinámica metapoboacional. Análise de viabilidade de poboacións (PVA). |
6. Xestión de especies e poboacións. |
Unidades de xestión. Conservación in situ e ex situ. Recursos escasos. Control das ameazas. Traslados e cría artificial. O papel dos zoolóxicos, xardíns botánicos e museos. Importancia da etoloxía na conservación. Caso práctico: o exemplo do furón de patas negras. |
7. Xestión e restauración de ecosistemas. |
Principios da xestión de ecosistemas. Ecosistemas modificados (explotación forestal, ecosistemas agropecuarios, ecosistemas acuáticos). Restauración de ecosistemas. |
8. Os factores sociais na conservación. |
Descrición de valores. Valoración de prioridades. Os cambios culturais. A educación ambiental. Estratexia galega de educación ambiental. |
9. A economía da conservación. |
Valoración económica da diversidade biolóxica (tipos de sostibilidade, modelos de decisión en economía ecolóxica, o valor da biodiversidade). Custes da conservación (método do custe da viaxe, método das preferencias reveladas, unha perspectiva ecolóxica e económica do mercado). A traxedia dos bens comunais. |
10. Acción política e conservación. |
Organizacións internacionais (UICN, o programa MaB). Axencias do governo: A estratexia española de desenvolvemento sostible. Estratexia española para a conservación da biodiversidade. As organizacións non governamentais (ONGs). Empresas e individuos. Investigación científica, política e conservación. O ecoloxismo coma ideoloxía política. |
11. As reservas e parques protexidos. |
Obxectivos da creación de reservas (o problema da fragmentación). Representación da biodiversidade. Características cruciais do deseño de reservas: tamaño, dinámica, contexto espacial, conectividade, zonas de amortiguación. Espacios Naturais protexidos de Galicia. |
12. Lexislación sobre conservación. |
Os convenios sobre biodiversidade (Berna, Ramsar, Washington (CITES), Bonn, Biodiversidade (Rio de Xaneiro). Lexislación europea (Directiva Aves, Directiva Hábitats). Lexislación estatal (Lei 42/2007 do Patrimonio Natural; Decreto 139/2011 Catálogo de especies ameazadas. Decreto 1628/2011 Catálogo de especies invasoras). Lexislación galega: Lei galega de conservación da natureza. |
13. Os plans de xestión de especies ameazadas. |
Directrices, obxectivos e viabilidade. Exemplos: o plan de xestión do sapoconcho europeo (Emys orbicularis) en Galicia; Plan de xestión das poboacións de libeliñas (Odonatos) de interese europeo; Bioloxía reproductiva e xestión da camariña (Corema album) nas Illas Cíes. |
Práctica 1. Deseño de reservas: posta a proba da relación especies-área. |
|
Práctica 2. Principios taxonómicos e características das comunidades. O seu uso no proceso de toma de decisións sobre conservación. |
|
Práctica 3. Valoración continxente: Enquisa sobre as actitudes sociais fronte á conservación. |
|
Práctica 4. Análise de viabilidade de poboacións mediante o programa VORTEX. |
|
Práctica 5. Introducción ó Radioseguimento de vertebrados. |
Experimentación coas metodoloxías de radio-localización utilizadas (principalmente) con vertebrados. |
Práctica 6. Saída de campo. Visita ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. |
Estudio dos sistemas de conservación de xermoplasma de razas autóctonas de gando. |
Práctica 7. Saída de campo. Visita ao Parque Natural das Fragas do Eume. |
Toma de contacto coa xestión real dunha área protexida, coas suas características e problemas específicos. |
Práctica 8. Saída de campo. Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. |
Vistas as particularidades do Parque, coa súa insularidade, a visita será ao centro de recepción de visitantes en Vigo, se as condicións loxísticas e climáticas así o aconsellan. |