Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
B1 |
Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicológicos, das dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento, a través de respostas axustadas de tipo organizativo, curricular e social dos centros educativos e os servizos de apoio, incluíndo a actividade física para poboacións especiais. |
B2 |
Ser capaz de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidad sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidad para todos |
B4 |
Saber xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento e as destrezas adquiridas e continuar estudando en gran medida de modo autónomo como procura de solucións e alternativas ás cuestións suscitadas, axustando as habilidades pertinentes de aprendizaxe autodirixido, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas que supón a atención á diversidade. |
C1 |
Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo) delimitando os ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante. |
C3 |
Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais. |
C6 |
Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade. |