Estratexias Didácticas II: Autoavaliación, Crítica e Análise
Código
P02M066V12244
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
É imposible delimitar a acción creativa da acción educativa na formación de futuros profesionais dos ensinos das Artes; Educación visual e plástica na ESO, Artes plásticas e cultura audiovisual en Bacharelato.
A intención desta Materia é dotar ao alumno Graduado, no itinerario de Artes do Máster de educación, de procedementos e técnicas educativas, para a transmisión e acción educativa. Reflexionando no propio proceso creativo, no proceso de aprendizaxe e na planificación das accións educativas no *ambito das Artes.