Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Complementos para a Ensinanza do Debuxo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudos/actividades previos As tarefas individuais por conta do alumnado, realizadas con antelación a cada sesión de clase para tomar contacto cos temas e contidos tratados, serán avaliadas e tidas en conta na cualificación final. A realización de ditas tarefas en tempo e forma será considerada fundamental para poder acadar unha cualificación positiva nas mesmas. 15 B1
B2
B10
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
D1
D2
D3
Traballos de aula Como norma xeral, a contribución positiva aos debates, a participación na clase e o traballo na aula serán considerados positivamente na avaliación do alumnado. 5 B1
B2
B10
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
D1
D2
D3
Prácticas en aulas de informática Para a avaliación das prácticas con Geogebra, farase entrega das construcións xeométricas elaboradas durante as clases, crearanse e intercambiaranse pequenos manuais relacionados co programa, terase en conta a realización de consultas sobre as dificultades atopadas no traballo autónomo e valorarase a participación na aula. 5 B2
Prácticas en aulas de informática Para a avaliación das prácticas con software de creación de recursos educativos, farase entrega dos recursos elaborados durante as clases, crearanse e intercambiaranse pequenos manuais relacionados cos programas utilizados, terase en conta a realización de consultas sobre as dificultades atopadas no traballo autónomo e valorarase a participación na aula. 5 B2
B10
C3
D2
Presentacións/exposicións Realizaranse pequenas exposicións e presentacións en público para poñer en práctica as capacidades de expresión oral. 5 B2
B10
C3
C4
C8
D1
D2
D3
Traballos e proxectos Como traballo final da materia elaborarase e presentarase un recurso educativo propio especificamente deseñado para dar resposta a unha necesidade didáctica concreta. 60 B1
B2
B10
C2
C3
C4
C8
D1
D2
D3
Probas de autoavaliación Unha vez finalizado o curso realizarase unha enquisa de avaliación da materia xunto cun pequeno exame de autoavaliación dos coñecementos acadados na materia, que tamén será tido en conta na cualificación final. 5 B1
B2
B10
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de non acadar unha avaliación positiva na primeira convocatoria, procederase a repetir ou corrixir o traballo final seguindo as indicacións do profesorado da materia, para volver a entregalo en segunda convocatoria e poder acadar unha avaliación positiva.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000