Para superar a materia en primeira convocatoria e de xeito continuo, o alumnado ha de asistir polo menos ao 80% das clases. Ademais, hai que obter polo menos un 4 sobre 5 no traballo para que poida facer media co resto das notas.Quen non cumpra estes requisitos presentarase nunha segunda convocatoria a unha avaliación consistente en:
a) exame oral sobre os contidos da materia: 5 puntos
b) realización e presentación do traballo: 5 puntos
É imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia.
|