Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
C5 |
Capacitarse no manexo de paquetes informáticos para a dirección e xestión dun proxecto. |
C8 |
Capacidade para intercambiar coñecementos e liderar proxectos de forma cooperativa e multidisciplinar no ámbito do Project Manager. |
C9 |
Capacidade de liderazgo, diálogo e negociación nas diferentes fases do proxecto. |
C10 |
Hábitos de excelencia, compromiso ético e calidade no exercicio profesional do Project Manager. |
C13 |
Capacidade para xestionar a obtención do resultado acorde ós criterios de calidade, e a esixencia do cliente. |
D3 |
Cos estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, evaluación e síntese das sua ideas novas e complexas no ambito del Project Manager. |