Proxectos |
Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro tarefas que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe que deberá presentar oralmente cada alumno no final do cuadrimestre. As datas de realización das tarefas serán estabelecidas nas sesións de debate, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. Preferentemente, nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas mediante a realización de actividades grupais e colaborativas. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
O alumnado deberá realizar en liña unha serie de actividades obrigatorias para reforzar o seu nivel de lingua francesa. As dúbidas serán resoltas preferentepente nas horas C ou durante o horario de atendemento do profesor. |