Aplicaranse
dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado Asistente e o Non
Asistente.
O alumnado
que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia en
calidade de Asistente deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros
días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser
convenientemente avaliado.
Do mesmo
modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do 80% das sesións prácticas será considerado para todos os efectos como
Non Asistente.
O alumnado
deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres
semanas facendo constar expresamente a modalidade pola que opta.
* Modalidade presencial: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos
distintos apartados especificados no cadro superior, sendo preciso ter
superados cada un deles illadamente.
* Modalidade
non presencial: Os
alumnos/as non asistentes, realizarán un exame
práctico relacionado cos resultados de aprendizaxe da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada do seguinte xeito:
- Traballos e proxectos (individuais): 30%
- Exame práctico, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. 30%
- Proba teórica de resposta curta: 40%
Do mesmo xeito que na modalidade Presencial, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo preciso superar cada unha delas illadamente, obtendo polo menos un 50% da súa cualificación total.
SEGUNDA CONVOCATORIA:
De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada (exclusivamente para o presente curso académico), tanto na modalidade presencial como na non presencial.
Toda a
información necesaria para superar a materia se encontra na plataforma TEMA a
disposición dos alumnos/as.