A avaliación
desta asignatura desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco
xeral das competencias, é dicir, das capacidades, a avaliación intentará
recoller e valorar aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto de: campo
dos coñecementos, campo dos procedementos, campo actitudinal e campo
relacional. Entendemos que
o equilibrio estará en que o alumnado acabe por dominar estas catro grandes
dimensións que dalgunha forma contribuirá a que se forme de xeito integral. A avaliación
está deseñada en función das seguintes características: formativa, continua,
integral e final. Polo tanto, afecta a todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe. A avaliación do
proxecto terá dous aspectos: por un lado a xustificación teórica dos distintos
elementos curriculares traballados e por outro o seu diseño. Para avaliar o
proxecto seguiranse as seguintes normas: l.- Utilización
dos coñecementos disponibles nos documentos traballados na aula para contrastar
as propias ideas, apoialas e fundamentalas.Comprensión das ideas básicas
contidas nos materiais utilizados e analizados. 2.- Expresar
correctamente as ideas propias, argumentadas e demostrar capacidade de escoita
e receptividade. 3.- Crítica
razonada de posicións e feitos fundamentados con argumentos utilizando un
vocabulario técnico propio da materia. 4.- Claridade
expositiva, habilidades de comunicación, estructura da presentación traballada
na aula. 5.- Estructura
lóxica das ideas. 6.- Utilización
e manexo das TIC. 7.- Adecuación
e coherencia entre as actividades prácticas e os contidos teóricos. 8.- Calidade
das aportacións e expresións de ideas innovadoras, contribucións no traballo en
grupo, compromiso nas diferentes
tarefas. 9.- Formulación
dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o tempo, etc. 10.- Selección
do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a
idade, o tempo, etc. 11.- Selección
das actividades, creatividade na súa elaboración, adecuación a idade e a
temporalización. 12.- Diseño innovador de recursos. 13.- Selección das estratexias de avaliación: actividades
de avaliación, tipos e técnicas de avaliación, deseño de instrumentos, etc. O seguimento dos grupos de traballo convírtese unha
ocasión privilexiada para introducir, por parte da profesora, aspectos actitudinais
(cooperación, responsabilidade profesional, motivación polo traballo de mestre,
etc.). Do mesmo xeito, en algunhas
fases do proxecto pídeselle ao alumnado que valoren o seu propio traballo
(autoavaliación) ou o traballo dos demais compañeiros (coavaliación) para facer
unha retroalimentación do proceso que permita solventar os erros na aprendizaxe
o antes posible. Para a valoración de traballo en grupo o alumnado debe
cubrir unha matriz de autovaloración que estará dispoñible na plataforma. A cualificación
final da disciplina resultará da integración das distintas notas nas
actividades realizadas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter
unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as
actividades de avaliación obterán a cualificación final de suspenso,
aínda que algúns dos exercicios estean aprobados. Se o alumno/a realiza algunha das actividades de
curso terá a cualificación de suspenso, xa que participou nalgunha das
actividades e se realiza unha avaliación continua. Se na
convocatoria de xuño non fosen superadas todas as partes da avaliación, en
xullo avaliaranse mediante un exercicio escrito, a presentación dunha unidade
didáctica xustificada e diseñada según o modelo constructivista e as prácticas
de aula que poden atoparse na plataforma TEMA. A revisión dos
exames será no despacho da profesora unha vez concluída a corrección. Pautas de
mellora para a recuperación Serán varias as
estratexias que poñamos a disposición do alumnado para a súa mellora, e de selo
caso, da recuperación da materia: l.- Titorías
onde podemos ir vendo a evolución na aprendizaxe e resolver posibles dúbidas. 2.- Exercicios
na plataforma. Onde se poderá comprobar os avances e estado actual do
rendemento individual e de grupo. 3.- Probas de
auto-reflexión e autoavaliación onde os grupos e os alumnos individualmente
poderán reflexionar de forma sistemática sobre o que estamos facendo, os
avances sobre o aprendido, e a funcionalidade práctica dos contidos impartidos. Os exercicios e
as probas para a sua análise estarán na plataforma TEMA. |